6 de set. de 2009

A GUARDA

IMAXES DA DEIXADEZ E DO ABANDONO EXISTENTE PRETO DO BARRIO DO CASTRO

O Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal responsabiliza da situación o Grupo de Goberno do Concello de A Guarda



Fotografías: TeGa / Iniciativa Veciñal
Infogauda / A Guarda
Como lembrarán os lectores deste xornal dixital, fai uns días reproducíamos o contido dunha nota de prensa remesada a a Infogauda polo concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, Nesa nota de prensa, Celso Rodríguez Fariñas denunciaba que "a proliferación de depósitos de escombros e materiais no medio do antiguo vertedoiro ubicado perto do Barrio do Castro, está botando a perder os traballos de selado feitos polas Administracións Autonómica e Local, e que os cartos recibidos da Unión Europea se estén estragando e se perda a rexeneración dese espacio".
O concelleiro portavoz de Terra Galega / Iniciatia Veciñal no Concello de A Guarda tamén subliñaba que "unha visita a este paraxe cada pouco tempo, fai que alí proliferen electrodomésticos, escombros de obra, e outros materiais, sen que ninguén faga algo para darlle unha solución".

"Non é posible - engadía o devandito portavoz municipal - que se pechen os ollos diante destes espectáculos, que fan florecer depósitos incontrolados.
Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a solicitar do Concello, así como aos propietarios e responsables do terreo, a Comunidade de Montes Veciñais de A Guarda, a que de xeito inmediato tomen as medidas oportunas, a fin de que non siga florecendo un novo vertedoiro (...)".
O portavoz de TeGa/Iniciativa Veciñal advirte "(...) que de non levar adiante ningún tipo de xestión que resolva este problema, poñeremos en conocemento da Administración Autonómica este caso".

Ningún comentario:

Publicar un comentario