A Xunta de Galicia e a Real Academia Galega acordan a súa colaboración para o Xacobeo 2010
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu ao Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro.
Foto: Conchi Paz
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o dirixente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, sentaron as bases para a defensa e promoción da lingua galega durante o ano Xacobeo nun ambiente de cordialidade
Ambos mandatarios negaron categoricamente a existencia dun conflito lingüístico e centraron o seu esforzo na “promoción da singularidade galega”
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu hoxe ao presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro no que significou o seu primeiro encontro oficial. Os motivos da reunión centráronse no traballo de cooperación que realizarán conxuntamente ao abeiro do Xacobeo 2010 e o apoio institucional da Xunta á Real Academia Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario