Economía e Industria amplía a 14 millóns de euros o financiamento para o Plan re-Móvete, que xa concedeu axudas por 11 millóns
As solicitudes atendidas ata o de agora recibirán 3,3 millóns de euros máis do que percibirían se o Goberno de Galicia se limitase a adherirse ao plan 2000E do Estado.
Infogauda / Galicia
O Instituto Galego de Promoción Económica apoiou ata o de agora 15.834 solicitudes para substitución de vehículos que suman, nos concesionarios galegos, unha facturación de 260 millóns de euros.
Os apoios da Xunta superan nun 40% aos do Estado, e a axuda media concedida é de 702 euros, fronte a axuda lineal de 500 euros do Goberno do Estado.
Amplíase de 3 a 6 meses o prazo máximo que poder mediar entre a concesión das axudas e a solicitude de cobro polas entidades colaboradoras, que non terán así dificultades para atender operacións que se demoren máis do habitual por puntuais dificultades de aprovisionamento desde os fabricantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario