2 de ago. de 2009

VIGO

CLAUSURA DO FESTIVAL DE CLOWN VIGUÉS

"Autoxestiona a túa risa para construir un mundo mellor"


Infogauda / Vigo
Despois dunha semana chea de actividades e de espectáculos para todo tipo de públicos, o Festiclown pechou a súa programación, que destacou un ano máis tanto pola calidade como pola variedade dos espectáculos que tiveron lugar. Ademáis do aspecto lúdico, o programa formativo do Festiclown voltou a ser un éxito grazas á participación de 200 alumnos procedentes de España, Portugal, Francia, Italia ou Hispanoamérica que formaron parte dos cursos.
Como broche de ouro, tivo lugar no Auditorio de Caixanova a celebración da Gala Homenaxe a Jango Edwards, un dos clowns máis tolos e irreverentes do panorama internacional, que estivo rodeado para a ocasión, de amigos e artistas que traballaron con él e que o apoiaron na súa traxectoria profesional. Ademáis, durante a clausura do Festival, reafirmouse o proxecto de levar a cabo un Festival de Pallasos en Palestina, para o cal irá destinada o total da recaudación da venta de entradas dos distintos espectáculos que tiveron lugar ao longo de toda a semana. E o gañador é...O Festiclown Vigo 2009 proclamou como gañador, logo do reconto de votos de todos os espectáculos inseridos no Certame Intergaláctico de Exterior, ao "Grupo escarranchado", que cautivou a todos os presentes e viu así recoñecido o seu traballo coas mazas, antorchas, malabares e coa forza da risa. Por outra banda, na Sección Oficial do Festiclown, resultou gañadora Cia Mundo Mandarina, coa obra Un Ramón de Mandarinas, unha reflexión sobre o tontos que nos podemos volver cando nos namoramos.Facendo balanceSe ben un feixe de valoracións positivas xorden logo de rematar o Festiclown, o seu director quere expresar o éxito de acollida que tivo o Festival na cidade olívica. "Por fin Vigo toma o relevo de Santiago de Compostela como capital da cultura, convertíndose no porto clown máis importante de Europa. Durante unha semana, a cidade convertiuse nunha marea de risos solidarios que demostraron que a cultura transformadora e o ocio alternativo son a mellor medida anticrise. Prazas, teatros e corazóns cheos dunha mensaxe de esperanza autoxestionan a tua risa para construir un futuro mellor. Para o Festiclown 10 anos non son nada, e a onceava edición será en Vigo"

Ningún comentario:

Publicar un comentario