MÁIS DE 75 NENOS E NENAS PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DE VERÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO DO ROSAL.
Fotografías: Juan Ramón M. Barbosa
Segundo Silvia Baquero Pereira, responsable desta iniciativa, estas actividades (xogos, manualidades, animación á lectura) véñense desenrolando dende 2001, durante os meses de xullo e agosto, advertíndose ano tras ano un aumento progresivo de participantes, sendo na actualidade 78 nenos e nenas. Dúas monitoras oficiais e catro en prácticas encárganse da súa atención.
Este proxecto está enmarcado dentro do Programa Integral de Animación Sociocultural do Concello do Rosal no que tamén se levan a cabo de xeito anual múltiples actividades para nenos e adultos como ximnasia funcional, de mantemento, ioga, baile de salón, pintura, cociña, informática, automaquillaxe, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario