14 de ago. de 2009

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA EN YOUTUBE

Infogauda / A Guarda

Non está todo o que foron as Festas do Monte Santa Trega de 2009, porque estas celebracións son moito máis que o podemos ollar neses vídeos, pero as imaxes que varios particulares subiron a YouTube son verdadeiros documentos que deberan motivar, cando menos, algunha reflexión por parte dos orgaizadores, de cara ás vindeiras edicións das nosas festas maiores.
Escomenzamos, se lles parece, co vídeo do amencer tra-lo Venres do Monte ás 8:00 A.M. na rúa Vicente Sobrino, coñecida xá por moitos/as guardeses/as como a rúa de Pozas (4 horas antes de sair o Desfile Folclórico Tradicional). Premer aquí para ollar ese vídeo.
Deseguido lles suxerimos que vexan o vídeo da chegada o Monte Santa Trega para a "xura".
Pero na romaría do Monte Santa Trega, tamén hai tempo para a "troula". Vexan senón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario