VÍDEOS PARA AXUDAR ECONÓMICAMENTE A ANABAM
TROULADA NO MONTE SANTA TREGA, 2009
Anabam / A Guarda
Un novo DVD editado para axudar económicamente a ANABAM. É o terceiro da serie titulada Troulada no Monte (os dous anteriores corresponden aos anos 2007 e 2008). Foi gravado o domingo día 8 deste mes de agosto, día grande das Festas do Monte, declaradas dende este ano Festas de Interese Turístico de Galicia. Un documento que presenta, ao longo dos 40 minutos de duración, o que é o día principal e último das festas. Un vídeo que pode converterse nun agasallo especial para aqueles guardeses e guardesas que están lonxe da súa terra; tamén para que aqueles que participaron na troulada teñan un recordo perenne da mesma e, por suposto, para os que aínda non coñecen estas festas, ou neste ano non tiveron a oportunidade de disfrutar delas, visionando este DVD estarán ao tanto das mesmas.
Este vídeo permite, ademais, algo moi importante: contribuír aos programas de protección, conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural da comarca galego-portuguesa do Baixo Miño, pois os beneficios que produza van destinados a ANABAM para que poda levar a diante os seus proxectos.
SE DESEXAS COLABORAR CON ANABAM PODES ADQUIRIR ESTE DVD NOS SEGUINTES LUGARES DA GUARDA:
CAFETERÍA ART CAFÉ
LIBRERÍA CERVANTES
LIBRERÍA LER
ACADEMIA FERREIRA (Arsenios)
LOCAL DE ANABAM
PREZO: 6 EUROS
(envíos por correo +2 euros de gastos)

Ningún comentario:
Publicar un comentario