O BNG solicita información sobre localización do mercadillo dos sábados polas obras da Alameda
- Xan Lois insistiu na importancia de deseñar un plan de tráfico que facilite a fluidez da zona e a habilitación de aparcamentos
Infogauda / A Guarda
Ante as obras de rehabilitación que se están levando a cabo na alameda da Guarda, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do concello solicitando que o grupo de goberno fixera público e de xeito oficial o lugar onde se vai situar o mercado ambulante que se ven celebrando cada sábado e que por mor das obras non se vai poder facer no mesmo lugar.
Para a formación nacionalista resulta inadmisíbel que 3 días antes da celebración do mercado non se teña feito ningún anuncio oficial do lugar onde se pretende situalo, deixando correr a rumoroloxía que o único que consigue é desconcertar a poboación guardesa.
Nunha entrevista informal coa concelleira delegada de comercio, anuncioulle que o mercado íase celebrar na rúa Coruña, ante o cal o portavoz nacionalista insistiu na importancia de deseñar un plan de tráfico que facilite a fluidez da zona e a habilitación de aparcamentos.
O BNG considera que o grupo de goberno actúa de xeito improvisado dado que os avisos á poboación se terían que ter feito con anterioridade e contando co comercio local que se pode ver seriamente afectado. Sorprende que o grupo de goberno non se puxera en contacto con ningunha das asociacións de comerciantes para explicar as intencións do goberno municipal en canto a regulación do tráfico, aparcamentos e situación do mercado.
A formación nacionalista entende que as obras crean incomodidades pero debe ser o goberno municipal quen debe facer todo o posíbel para que sexan o menos molestas posíbeis, informando á poboación de xeito detallado, con tempo e non esperando até o último momento para facelo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario