27 de ago. de 2009

COLOMBRES (ASTURIAS)

UNHA VISITA A QUINTA GUADALUPE

- É a sede da Fundación Arquivo de Indianos

A Quinta Guadalupe acolle a Fundación Arquivo de Indianos, de Colombres
Infogauda / Colombres (Asturias)
Fotografías: Santi Baz Lomba
Grazas a desinteresada colaboura do guardés Santi Baz, amosámoslles unhas fermosas imaxes correspondentes a Quinta Guadalupe, emblemática e fermosa casa indiana, mandada construir por Íñigo Noriega Laso.
A Quinta Guadalupe é unha magnífica mansión que acolle a Fundación Arquivo de Indianos, todo un exemplo que nalgúns concellos - entre eles o de A Guarda - deberíamos ter en conta, para sobor de todo, preservar ese tipo de inmobles e po-los en valor, tanto a nivel arquitectónico, cultural e turístico. Ninguén pensou, por exemplo, na posibilidade de crear pequenos hoteis con encanto? Ahí deixamos a proposta, entre outras varias, perfectamente viables, se hai vontade para elo.
A QUINTA GUADALUPE
A Fundación Arquivo de Indianos - Museo da Emigración, atópase na localidade de Colombres (Asturias), na casa construída polo emigrante a México Íñigo Noriega Laso.

FUNDACIÓN ARQUIVO DE INDIANOS
A Fundación Arquivo de Indianos constituíse o 22 de maio de 1987, promovida polo Principado de Asturias, a Caixa de Asturias e a Universidade de Oviedo. Trátase dunha Fundación Cultural Privada que ten como obxectivo promover, incentivar e promocionar as actividades dirixidas ao establecemento dun centro de estudo, investigación e documentación sobre o fenómeno da emigración, que dé lugar a unha ampla base de datos, capaz, á súa vez, de xerar investigacións de múltiple signo, relacionadas coa emigración a América durante os séculos XIX e XX, correspondendo aos órganos de goberno a creación e execución dos programas tendentes á consecución do obxectivo fundacional.

IÑIGO NORIEGA LASO
Naceu en Colombres en 1853 e emigra a México aos catorce anos. A biografía de Íñigo Noriega está xalonada de innumerables anécdotas e lendas. Trátase dun dos máis importantes empresarios españois no México de finais do século XIX e principios do XX. Del cóntase que alcanzou fama ante o goberno da cidade por oporse á lei que ordenaba o peche das portas das cantinas ás 12 da noite, polo cal "viuse forzado" a quitalas no seu establecemento. Segundo a lenda, así comezou a forxarse un do maiores imperios empresariais de México. De entre as súas empresas destaca a desecación do lago Chalco, do que faría unha explotación agrícola, na que traballaban de 2.000 a 3.000 obreiros. Era tamén propietario doutras moitas facendas, minas, fábricas téxtiles, ferrocarrís, liñas de vapores, etc., e fundou en México as cidades de Colombres e Cidade Reinos. Para o coidado das súas propiedades dispuña dun exército particular de 250 homes. A boa estrela de Noriega apagouse co triunfo da Revolución. Expropiados todos os seus bens, faleceu na cidade de México en decembro de 1920, no domicilio dunha das súas fillas. No seu Colombres natal poucas foron as súas obras, salvo a "Quinta Guadalupe", só proxectos que non chegaron nunca a termo: a rede de saneamento para o pobo e unha fundación escolar de curta duración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario