EMILIO ROLÁN MOSQUERA, PREGOEIRO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2009
Infogauda / A Guarda
As Festas do Monte Santa Trega deste ano escomenzarán oficialmente o luns día 3 de agosto, ás 20:00 h., no Auditorio San Bieito, coa lectura do pregón, tarefa que este ano lle corresponde o médico pediatra, biólogo e malacólogo guardés de prestixio internacional, Emilio Rolán Mosquera.
SIPNOSE BIOGRÁFICA DE EMILIO ROLÁN MOSQUERA
Emilio Rolán Mosquera (A Guarda, 19 de outubro de 1935) concluíu os seus estudos en Medicina e Cirurxía en 1960. Posteriormente, en 1992, obtén o grao de doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago, polo seu traballo sobre a familia Conidae no arquipélago de Cabo Verde, actividade que compaxina co seu labor docente como profesor universitario, primeiro na USC e deseguido na Universidade de Vigo.
Pediatra de profesión, Emilio Rolán Mosquera levou a cabo unha grande afección na súa xuventude polas actividades subacuáticas. De aí veu a súa paixón como recolector, acadando durante moitos anos de viaxes a numerosos países, unha colección de moluscos, considerada como unha das mellores coleccións privadas do mundo. Dende 1980, iniciou a súa actividade científica na investigación, aplicada á taxonomía e sistemática dos moluscos. É autor de quince libros e máis de 240 publicacións científicas referidas á malacoloxía.
En 1999 recibiu o premio internacional “Una vida para la Malacología”, polas súas publicacións. Descubriu, describiu e deu nome a máis de 350 especies de moluscos. Pertence actualmente ó grupo de Investigación XB2 da Universidade de Vigo e o seu traballo lévase a cabo na actualidade dentro de varios proxectos de investigación.

EMILIO ROLÁN DOOU SÚA COLECCIÓN DE MALACOLOXÍA A USC
Unha das maiores coleccións privadas de malacoloxía que existen en Europa, doada en 2004 á USC polo seu autor Emilio Rolán Mosquera, expúxose nas salas do Colexio de Fonseca na mostra ‘Un mundo de formas e cores: a colección malacolóxica “Rolán”. Organizada polo Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC, a exposición inaugurouse nun acto ao que asistiron os vicerreitores de Investigación e Innovación, Eduardo García-Rodeja, e de Extensión Cultural, Mar Lorenzo, o propio Emilio Rolán, a directora do Museo de Historia Natural, Carlota García Paz, e Teresa García-Sabell, delegada da Presidencia e Relacións Institucionais do Concello de Santiago.
A maioría dos fondos da colección proceden dos máis de 60 viaxes a 35 países de todo o mundo realizados polo doutor Rolán, que participou en preto de vinte expedicións tendo percorrido máis de 30.000 quilómetros na Península Ibérica. No seu haber científico e investigador, ten publicados preto de 450 nomes de especies descubertas e descritas por el mesmo, sendo a maioría gasterópodos mariños de pequeno tamaño pero tamén algúns bivalvos e incluso moluscos de auga doce e algún terrestre.
O doutor Rolán, investigador ad honorem da USC, está considerado internacionalmente como un dos máis importantes especialistas en malacoloxía, sendo a súa colección unha das mellores dotadas, en canto a fondos, no ámbito mundial. En termos cuantitativos, inclúe aproximadamente dous millóns de conchas, 1.650 preparacións de rádulas, preto de vinte mil debuxos e fotografías, 4.600 publicacións, 23.000 fichas e 20.000 cartas e mensaxes.
Emilio Rolán Mosquera é sen dúbida, un guardés bó e xeneroso. Proba diso foi súa colaboura desinteresada na clasificación da colección de cunchas marinas, que adequeriu o Concello de A Guarda, parte da cal expónse no Museo do Mar guardés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario