Educación inicia unha campaña informativa sobre o modelo de ‘gratuidade solidaria’ para libros de texto

Os pais de alumnos de 1º, 2º, 5º 6º de Primaria e de Educación Especial poderán solicitar as axudas a partir do próximo martes
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, presentaron hoxe a campaña informativa sobre o novo modelo de ‘gratuidade solidaria’ para libros de texto, xa que o prazo para solicitar estas axudas á compra de libros iníciase o vindeiro martes 1 de setembro.
Así, os pais e nais dos escolares de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e de Educación Especial, -onde comeza a implantarse este ano o sistema de ‘gratuidade solidaria’- recibirán, ben no seu domicilio, ben a través do seu centro, un tríptico informativo sobre a documentación requirida, os niveis de renda, como calcular a axuda que corresponde ou o prazo de solicitude. Este tríptico será complementario coa campaña de anuncios en medios de comunicación.
As axudas poderán solicitarse entre o 1 e o 30 de setembro e o prazo estimado para cobralas é de 15 a 20 días. Por iso, a Consellería de Educación quere animar aos pais a que as soliciten nos primeiros días de prazo, xa que se tramitarán por orde de presentación da documentación. O formulario e toda a información necesaria poderá obterse nos centros educativos, nas sedes da Xunta ou a través da páxina web http://gratuidadesolidaria.xunta.es.

Tamén se dará resposta ás súas dúbidas no teléfono 981 54 65 21.Segundo cálculos da Educación, aproximadamente 7 de cada 10 escolares dos cursos beneficiados este ano poderán recibir as diferentes axudas. Para o resto dos cursos seguirá vixente de momento o sistema de préstamo polo que os alumnos recibirán os seus lotes de libros neste mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario