28 de xul. de 2009

O ROSAL

CONVENIO DE COLABOURA CULTURAL ENTRE O CONCELLO DE O ROSAL E CAIXANOVA
De esquerda a dereita, Ángeles Vicente, o alcalde Jesús María, Javier Rodríguez e Lino Álvarez, no aacto de sinatura do convenio.
Informa: Concello do Rosal
Este martes 28 de xullo, o Concello de O Rosal e Caixanova asinaron un convenio de colaboura para potenciar e desenvolver actividades sociais, educativas e culturais. A esta reunión asistiron por parte do Concello, o alcalde Jesús María Fernández Portela e a concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano. Pola parte de Caixanova estivo o director da Comarca, Lino Álvarez González así como Javier Rodríguez Castro, director da sucursal de O Rosal.
Este convenio tén por obxecto programar ditas actividades durante o presente ano 2009, tales como a actuación da Orquesta Clásica de Vigo que será o sábado 5 de setembro ás 20 horas no Auditorio Municipal ou a iniciativa “Cine Caixanova de Verán” que proxectará dúas películas ao aire libre: Kung Fu Panda (30 de xullo ás 23:00 h, no Parque de Pías) e Mamma Mía o 13 de agosto ás 21:30 h, na Praza do Calvario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario