5 de xul. de 2009

O ROSAL

O CONCERTO-HOMENAXE O COMPOSITOR, DIRECTOR E MÚSICO JOSÉ LUÍS LORENZO RODRÍGUEZ CONSTITUIU UN ABSOLUTO ÉXITO

Infogauda / O Rosal

De oportuno e moi merecido, hai que calificar a homenaxe que a Asociación Arpegios Cantabile e o Grupo de Acordeons Mascarenhas, orgaizaron á perfección, e levaron a bó termo, na tarde - noite do sábado 4 de xullo de 2009, o seu fundador e director José Luís Lorenzo Rodríguez.

Presentado polo párroco de A Guarda, D. Jesús García Villadóniga, o concerto-homenaxe, tivo lugar no magnífico Auditorio Municipal do Rosal, que estaba totalmente ateigado de amigos, discípulos, ex-compañeiros da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda - da cal foi membro fundador e primeiro presidente - e familiares do entrañable músico, nado en Vigo en agosto de 1944, e formado musicalmente en Brasil - na Academia Mario Mascarenhas -, a onde emigrou súa nai Carmen, logo do pasamento do seu esposo.
A homenaxe - que contou coa asistencia do alcalde e varios membros da Corporación Municipal de A Guarda - deu escomenzo pouco despois das 20:00 h., con unha sipnose biográfica de José Luis Lorenzo Rodríguez, que efectuou o presentador do acto, co apoio de imaxes fotográficas de José Luis Lorenzo e de familiares seus, e tamén de testemuñas en vídeo, procedentes de Brasil e Andoain.

A continuación deu escomenzo o concerto, subindo o escenario o Grupo Antorcha, que dirixido por María José Baz Martínez, interpretou:

- Gitano (Anónimo)
- Noche de Bodas, de Joaquín Sabina
- Mariñeiro, de Fuxan os Ventos
- Anduriña, de Juan y Junior



Asemade, María José Baz, que ademáis de agradecer públicamente o apoio e os bós consellos do mestre José Luis Lorenzo Rodríguez, tamén interpretou a canción "Poema", da poetisa Estrella Velasco (Elfa), con música de Mª José Baz.


Ainda que non estaba previsto no programa, a poetisa Estrella Velasco, tamén se sumou a homenaxe a José Luis Lorenzo, adicándolle un poema escrito expresamente para él, ese mesmo día.


Despois sería o Coro Arpegios Cantabile, dirixido por Lucía Alonso Castro, a formación coral que subiu o escenario para interpretar o seguinte programa:

- Alma, corazón y vida, de J. Ezkuwa Flores

- Boga Boga, de J. Guridi

- Alfonsina y el mar, de Félix Luna

- Tempestad, de Fede Cobos

- Nostalgia de Cuba (Habanera)

Adaptacións corais: José Luis Lorenzo Rodríguez



Compre salientar que moitos dos coralistas que participaron, escomenzaron súa andaina musical con José Luís Lorenzo Rodríguez, no Coro Infantil da Catequese, para pasar posteriormente a denominarse Coro Arpegios, fundado por José Luís Lorenzo Rodríguez en 1986.
Moitos daquelas nenas e nenos de entón, son hoxe nais e pais de familia, que teñen na música e no canto coral, un fermoso nexo de unión e unha formación, que non esquecerán xamáis. O artífice dese legado foi José Luis Lorenzo Rodríguez, que formou con agarimo e tamén con disciplina, valores fundamentais para as persoas de bén.

E logo de cantar a catro voces, como os mesmos anxos, os ex-compoñentes do Coro Arpegios, fixéronlle entrega a José Luís Lorenzo Rodríguez dunha fotografía na que están elas e eles, diante do cruceiro de San Queitano, nún dos días de ensaio que viñeron tendo semanalmente desde fai catro meses, para poder cantar ó nivel que eles saben, e que a José Luis Lorenzo Rodríguez lle agrada.


Rematada a actuación do Coro Arpegios, subiron o escenario Seila Domínguez e Daniel Vilanova, dous xóvenes acordeonistas alaumnos de José Luis Lorenzo Rodríguez, que interpretaron a dúo:

- La morena de mi copla, de Castellanos.


Deseguido, e fora de programa, actuou Jaime Vilas, magnífico acordeonista,que se desprazou desde Cambados para asistir e participar na homenaxe a seu amigo José Luís Lorenzo Rodríguez.

Jaime Vilas, un verdadeiro virtuoso do acordeón, interpretou varios temas, facendo aas ledicias do respectable.


A continuación sería o Grupo de Acordeóns Mascarenhas, fundado en 1997 por José Luis Lorenzo Rodríguez a formación musical que poría súas notas musicais, interpretando o seguinte programa:
- Mis recuerdos, de José Luís Lorenzo Rodríguez

- Viva la jota, de José Luís Lorenzo Rodríguez

- El gato montés, de Manuel Penelle

- Pasodoble guardés, de José Luís Lorenzo Rodríguez


José Luís Lorenzo Rodríguez subiu o escenario, visiblemente emocionado, para agradecer tódalas mostras de agarimo, e cando coidaba que xa estaba todo dito, os compoñentes do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, fixéronlle entrega de un agasallo moi persoal: un retrato de José Luís Lorenzo Rodríguez, co seu acordeón, magníficamente pintado. Obra de arte, que José Luís observou por uns instantes, ata que decidiu situa-lo a dereita do escenario, apoiado no mesmo cabalete en que lle foi entregado.



Despois dese intre habería unha intervención de un dos compoñentes do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, que en nome de tódolos seus compañeiros, agradeceulle a José Luís Lorenzo, toda súa adicación e seu bon saber facer no eido musical e persoal.


Chegado ese intre, os compoñentes do Coro Arpegios agasallaron a Carmen Rodríguez e Ermita Rodríguez, nai e esposa, respectivamente, de José Luís Lorenzo Rodríguez, fixéronlles entrega de uns ramos de frores.

A continuación, o alcalde de A Guarda. en nome de toda a Corporación Municipal, entregoulle a José Luís Lorenzo Rodríguez, un agasallo que representa unha gamela, a embarcación tradicional de A Guarda. O rexidor agradeceulle a José Luís Lorenzo toda súa adicación en favor da cultura musical do pobo de A Guarda, e pediulle que continúe nesa labor por moitos anos.


José Luis Lorenzo fixo novamente uso da palabra para agradecer tódalas mostras de agarimo recibidas, o tempo que lembrou tamén os apoios recibidos ó longo destes 25 anos de labor a prol da Cultura. Non se esqueceu de ninguén. Desde o sacerdote Arturo Martínez, que colabourou nos primeiros intres, cando xurdiu o Coro da Catequese de A Guarda, hasta os concellos de A Guarda e do Rosal; os correspondentes de prensa Antonio Ferreira e Ricardo Rodríguez que se teñen ocupado de informar das actividades que teñen desenvolvido o Coro Arpegios Cantabile e o Grupo de Acordeons Mascerenhas.



José Luís Lorenzo Rodríguez tamén salientou a labor de apoio que Pilar Rodríguez Gómez tén desenvolvido a prol do Coro Arpegios Cantabile, polo que pregou un forte aprauso para a madriña do Coro.


Ademáis chamou a Pilar Rodríguez para que accedese o escenario, intre no que Lucía Alonso, directora do Coro Arpegios Cantabile, lle fixo entrega de un ramo de frores.

Asemade, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, representada nese intre por Gloria Portela Loureiro, Relacións Públicas e Tesoureira da Coral guardesa, fíxolle entrega de ramo de flores a José Luís Lorenzo Rodríguez así como dunha nota de adhesión a esta homenaxe. A devandita nota foi lìda públicamente polo homenaxeado. E o remate da lectura José Luís Lorenzo Rodríguez afirmou súa vontade de colaboura coa Agrupación Coral Polifónica de A Guarda e súa total disposición para todo o que precisen.


Asemade, como vén sendo costume, os organizadores da homenaxe a José Luís Lorenzo Rodríguez, fixerónlle entrega de un agasallo o presentador deste acto.


Finalmente, o Coro Arpegios e o Grupo de Acordeóns Mascarenhas, dirixidos por José Luis Lorenzo Rodríguez interpretaron en conxunto, o tema "Himno á Guarda", obra composta pola poetisa guardesa María Asunción Vázquez Vicente (Chuny Vázquez) con música de José Luís Lorenzo Rodríguez.


Sen partitura, xa que considerou que non a precisaba, José Luís Lorenzo Rodríguez dirixiu a interpretación desa emblemática composición coa que se poría broche de ouro o concerto - homenaxe.


Rematada a interpretación do "Himno á Guarda", José Luís Lorenzo Rodríguez saudou o respectable público que correspondeu co mestre póndose en pé e adicándolle uns fortes aplausos.

Foi, sen dúbida, un acto moi bén organizado e perfectamente desenvolvido. E ademáis, como cabía agardar, a resposta do público non puido ser mellor. A cidadanía de A Guarda e do Rosal, superon agradecer dese xeito, a magnífica e xenerosa aportación de José Luís Lorenzo Rodríguez, o acervo cultural de ambos os dous concellos.

Rematado o concerto - homenaxe, cando eran arredor das 23:00 h., pudemos constatar a satisfacción do público pola altura artística dese acto.
A xornada remataría con unha abondosa e animada cea, que foi servida n´un restaurante de A Guarda, a na que participaron máis de 200 persoas, maioritariamente compoñentes do Coro Arpegios Cantabile e do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, así como familiares e amigos de José Luis Lorenzo Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario