6 de xul. de 2009

O BNG presenta unha moción sobre a gratuidade dos libros de texto
Directivas de ANPAs da Guarda amosaron o seu apoio á moción que presenta o BNG

Xan Lois Lomba (portavoz municipal do BNG), Hortensia García e María Xosé Alonso (membros do consello local do BNG na Guarda) no transcurso da reunión.
Infogauda / A Guarda
O portavoz municipal do BNG; Xan Lois Lomba, presentou ante as ANPAS do concello da Guarda unha moción na que se insta á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.

A formación nacionalista rexeita que unha das primeiras medidas que pon en marcha o goberno do PP sexa a de apoiar os recortes sociais. Desde o BNG, lembran, que a día de hoxe hai en Galiza 82.000 familias agardando que a Consellaría de Educación defina a súa política en materia educativa, porque aínda non saben que vai pasar cos libros de texto no vindeiro curso académico e qué vai pasar co programa de gratuidade dos libros de texto.

O BNG considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, auténtico logro social e que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino. Asemade, non esta medida non pode ser á resposta do Goberno galego aos problemas económicos na actual situación. Nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política que soamente vai favorecer a uns poucos.

Hai que lembrar, que a decisión de eliminar a gratuidade dos libros de textos non foi consultada aos pais e as nais que son os que finalmente van ter que facer o desembolso económico, nada desprezábel, cando chegue o mes de setembro.

As directivas das ANPAs reunidas co BNG amosaron o seu apoio á moción que presenta a formación nacionalista, coincidindo nos aspectos positivos do programa de gratuidade de libros que até agora se estaba levando acabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario