2 de xul. de 2009

O ROSAL

CONCERTO - HOMENAXE O MÚSICO JOSÉ LUIS LORENZO RODRÍGUEZ



Infogauda / O Rosal
O próximo sábado día 4 de xullo, ás 20:00 h., o Auditorio Municipal do Rosal acollerá o concerto-homenaxe que as formacións Coro Arpegios Cantabile e o Grupo de Acordeóns Mascarenhas dedicarán ao fundador e director de ambas as formacións: José Luís Lorenzo Rodríguez.
No transcurso do acto recordarase a biografía de José Luís Lorenzo Rodríguez actuando as formacións mencionadas e o Grupo Facho, ademais de varios solistas. Polo Coro Arpegios e polo Grupo de Acordeóns Mascarenhas pasaron ao longo dos anos máis de 200 compoñentes que renderán un merecido homenaxe, ao director, músico e compositor, que ó longo de máis de dúas décadas vén fomentando a cultura musical na Guarda e no Rosal.
Logo do concerto-homenaxe, celebrarase unha cea nun restaurante de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario