2 de xul. de 2009

A GUARDA

RELEVO NA XUNTA DIRECTIVA DO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS



Un aperta de mans como remate a este acto

O novo presidente do Recreo Antonio González Pacheco, firmando a Acta de traspaso de Directiva
Anselmo Martínez Pena, deixa o cargo de Presidente e firma tamén a Acta do traspaso
R.A.G. / A Guarda
O pasado martes 30 de xuño de 2009, no Recreo Artístico Guardés, fíxose o traspaso de Xunta Directiva.
A Directiva saínte composta por: Anselmo Martínez Pena, Eloy Fajar Álvarez, José Ramón Martínez Pena, Generoso Ameal Pacheco, Buenaventura Rodríguez Castro e Samuel Alonso Álvarez, deu paso a nova Xunta Directiva elixida o pasado 31 de maio en Asemblea Xeral Extraordinaria, composta por os seguintes señores socios que gobernarán esta centenaria sociedade: Antonio González Pacheco, Jesús González Álvarez, Ignacio Delfín Saá González, Antonio Castro Lomba, José Ramón Martínez Pena, Antonio Lima Álvarez e Lucinio Sousa Pereira.
Parabéns a todos eles e o noso desexo de que teñan un goberno axeitado e o Recreo siga sendo un referente no noso pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario