28 de xuño de 2009

III TRIATLÓN CROSS DA AMIZADE


NORMATIVA III TRIATLÓN CROSS DA AMIZADE


TOMIÑO - VILANOVA DE CERVEIRA 05/07/09


José Benito Guerreiro Alonso / Minho



Proba para deportistas federados en Portugal e España. Tamén se poderá facer ficha de un día para poder participar na proba.


Este Triatlón Cross da Amizade pódese facer completo (os tres segmentos) cada deportista ou tamén por equipos mixtos que entre todos cubran o total da competición, dándose relevos entre si en cada segmento. Enténdese, por tanto, por equipo mixto aquel que con independencia do sexo dos seus compoñentes cobren cada un dos seus integrantes un segmento dos tres que consta a competición global.


DISTANCIAS:


750 m. Natación; 17,4 km. Bici de montaña; 4,5 km carreira a pé.


Haberá dous boxes, un en Tomiño e outro en Vilanova de Cerveira.


O inicio da competición será dende a parte galega (Tomiño).


INSCRICIÓNS:


Os triatletas españoles poderán inscribirse dende o día 24 de xuño ata o día 1 de xullo (14:00 horas), enviando a mesma por Fax (982 25 13 45) ou o enderezo electrónico
fegatri@hotmail.com á Federación Galega de Triatlón e P.M..

Os triatletas portugueses deberán inscribirse na Federaçao de Triatlo de Portugal antes do día 1 de Xullo.


HORARIO DA PROBA:


Inicio ás 16:00 horas (hora española) - ás 15:00 horas (hora portuguesa), no embarcadoiro de Goián (Tomiño).


Custe da inscrición:10€ para os federados españois.


Ficha de 1 día (10€ do seguro+10€ da inscrición) (é imprescindible enviar á Federación, para que se faga dita ficha: fotocopia de DNI, ademais de NOME E APELIDOS, ENDEREZO, DATA DE NACEMENTO, Nº DE TELÉFONO, así como fotocopia de pago da inscripción, os ingresos serán na conta da Federación:


La Caixa 2100 2335 59 0200088978.


O día 2 de xullo (á tarde) subiranse á páxina da Federación todos os inscritos (portugueses e galegos).


PREMIOS ECONÓMICOS:


Repartiranse un total de 1.800 €.


Premios individuais:1º e 1ª clasificados 300 €; 2º e 2ª clasificados 200 €; 3º e 3ª clasificados 100 €


Premios para equipos:1º masculino e feminino 200 €; 2º masculino e feminino 100 €


A clasificación por equipos farase sumando os tempos dos tres mellores triatletas de cada equipo e sendo o vencedor o que menos tempo sume, tanto para a clasificación M. e F. No caso de empate a tempos , vencerá o equipo que teña mellor clasificado o seu primeiro deportista na clasificación xeral final.


TROFEOS:


Haberá trofeos para os tres primeiros/as clasificado/as das categorías seguintes:


Júnior (nados nos anos: 90,91,92)


Sub23 (nados nos anos: 86,87,88,89)


Absolutos Veteranos (nados en 1.969 e anteriores)


Clasificación final xeral:


Haberá tamén trofeos para os/as tres primeiros/as


Equipos mixtos:


O Triatlón poderá facerse tamén por segmentos, e cada equipo pode ter dous ou tres compoñentes, de un ou dous sexos. Para estes equipos tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, con independencia do número e do sexo dos seus integrantes. A clasificación destes equipos tamén se sumarán os tempos dos integrantes, gañando o que menos tempo sume.


TROFEO DA AMIZADE:


Utilizamos como símbolo da proba unha obra do escultor alacantino Arcadio Blasco que ten por título Encontro de Culturas. Dito trofeo queda en poder do concello de Tomiño ou de Vilanova de Cerveira, dependendo de quen venza na competición deportiva. O trofeo gañarao quen obteña menos tempo despois da suma dos tres primeiros máis as tres primeiras triatletas galegos ou portugueses nas clasificacións finais xerais.


DATOS TÉCNICOS:


Xuntanza técnica: Será ás 11:30 horas (hora española) - 10:30 horas (hora portuguesa) no embarcadoiro de Goián, onde se dará información de tódalas características da competición , así como se exporán planos da mesma.


Entrega de dorsais:


De 12:30 a 13:30 horas (hora española)- 11:30 a 12:30 horas (hora portuguesa) no embarcadoiro de Goián.


Entradas en Boxes:


Box nº1 no embarcadoiro de Vilanova de Cerveira, a entrada para deixar a bicicleta neste lugar será de 13:30 a 14:30 horas (hora española)-12:30 a 13:30 horas (hora portuguesa).


Box nº2 embarcadoiro de Goián, entrada para deixar o material necesario (zapatillas...) será de 14:30 a 15:30 horas (hora española)- 13:30 a 14:30 horas (hora portuguesa).Cámara de chamadas:15:45 horas (hora española)- ás 14:45 horas (hora portuguesa) na praia de Goián, a 300 m. do Box nº2 .


Inicio competición:16:00 horas (hora española)- ás 15:00 horas (hora portuguesa), na praia de Goián (Tomiño).
Para pasar de Vilanova de Cerveira a Tomiño haberá a disposición dos deportistas un barco que estará en funcionamento continuo de 13:30 a 15:00 horas (hora española) de 12:30 a 14:00 horas (hora portuguesa). De non utilizar este medio de transporte, cada un terá que ir polos seus propios medios, e non recomendamos que se cruce o río a nado para ir de Box a Box.


Control da competición:


Os tempos finais e o control dos Boxes correrán a cargo dos xuíces da Federación Galega de Triatlón. O control e marcaxe da natación correrá a cargo da Federaçao Portuguesa de Triatlo.


Avituallamento:


Haberá a disposición dos deportistas ó remate da proba bebida e froita.


Agasallos:


Haberá un recordo para todos os deportistas que rematen a competición.


ENTREGA DE PREMIOS:


Será no embarcadoiro de Goián, aproximadamente as 18:30 horas (hora española)- 17:30 horas (hora portuguesa). É imprescindible estar presente para recoller o premio acadado por cada deportista (económico ou trofeo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario