A selección galega de atletismo masculino, medalla de bronce no Campionato de España de seleccións autonómicas, Benidorm 2009.

José Carlos González / A Guarda
O Campionato tivo lugar este fin de semana na cidade alicantina de Benidorm. A Selección Galega de Atletismo composta por 7 deportistas de diferentes clubes, entre os que se atopaban 3 representantes do San Xerome (Mingos Albadalejo, Borja Cadilla e Javier Portela), obtiveron o terceiro posto na clasificación final.
Na categoría feminina, na que non tíñamos representación do Baixo Miño, a Selección Galega acadou o segundo posto.
A estes éxitos no atletismo, hai que engadir o bo papel da Selección Galega de Baloncesto, 5º posto na clasificación final, cunha destacadísima actuación das representantes do San Xerome: Amparo Ferreira, María García e Maite Barros.
A Selección Galega de Fútbol Sala, co noso representante David Barbosa, quedou eliminada na primeira ronda.
Remata así a primeira parte da temporada 2009, cuns resultados brillantes en diferentes especialidades. Merecido descanso agora, para os deportistas e os adestradores voluntarios, que retomarán a actividade a inicios do mes de setembro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario