
Infogauda / A Guarda
A deportista Andrea Álvarez Fernández, de A Guarda, ven de receber unha comunicación da Real Federación Española de Balonmano, na que lle comunican que a Área Técnica da devandita Federación e segundo a valoración realizada polos técnicos nas distintas Concentracións e Competicións nas que esta xoven estivo presente, decidiu convoca-la para participar na vindeira Concentración Nacional Infantil Femenina de Balonmán que se celebrará do 8 ó 15 de xullo de 2009, no Albergue Xuvenil "Juan Gaya Nuño", de Soria.
Andrea Álvarez Fernández, de 14 anos de edade, é xogadora do Mecalia Atlético Guardés, e súas adestradoras son as irmás Irene e Rosi Balboa.
Ademáis de xogar de gardarredes no Mecalia Atlético Guardés, Andrea Álvarez Fernández é alumna de 2º da ESO no Colexio PP. Somascos, de A Guarda.
Xunto con Andrea Álvarez Fernández, na devandita Concentración Nacional Infantil Femenina de Balonmán, tamén participarán as seguintes mozas galegas: Marta Ramallo López, da S.D. Carballal; Sandra Martínez Fernández, do Bueu Atlético; Iria Rodríguez Martínez, de Balonmán Narón; e Irene Sánchez Rodríguez, do Rasoeiro BM.

Ningún comentario:
Publicar un comentario