Irán: Amnistía Internacional lanza unha ciberacción en www.actuaconamnistia.org para esixir a fin dos abusos contra os manifestantes
Amnistía Internacional
Producíronse polo menos 15 mortes, hai centos de feridos e unhas 2.000 persoas detidas, entre elas, oito líderes políticos considerados presos de conciencia por Amnistía Internacional Vigo.- Amnistía Internacional denuncia a resposta violenta das forzas de seguridade iranianas ante as manifestacións tras a proclamación de Mahmoud Ahmadineyad como presidente de Irán. Os manifestantes cualifican como fraudulentas as eleccións celebradas o pasado 12 de xuño. A represión policial cobrouse xa polo menos 15 mortos, ademais de centos de feridos e hai unhas 2.000 persoas detidas en todo o país. Amnistía Internacional mobilizouse para esixir o fin destes abusos. A organización lanzou unha ciberacción accesible en www.actuaconamnistia.org para que a cidadanía sómese a esta iniciativa, mediante a que se enviarán mensaxes electrónicas ao Presidente da Magistratura, o Aiatolá Mahmoud Hashemi Shahroudi. As peticións da ciberacción son:
* A liberación inmediata e incondicional de todos os líderes políticos e activistas, arrestados por exercer de xeito pacífico o seu lexítimo dereito a liberdade de expresión e asociación. * Que se asegure a integridade e dignidade dos detidos e se lles protexa de posibles torturas ou outros malos tratos; se lles permita o acceso ás súas familias, a avogados e aos servizos médicos que poidan necesitar, así como a comparecencia ante un xuíz sen demora para poder impugnar os motivos da súa detención. * Que as autoridades mostren moderación no mantemento da orde pública en posibles futuras manifestacións relacionadas co resultado electoral e garantan que as armas de fogo se utilicen como último recurso e se é totalmente imprescindible para protexer a vida. * Que se investigue de forma independente as operacións de mantemento da orde nas manifestacións, particularmente sobre os casos de vítimas mortais e feridos. * Que se garanta o dereito de asociación, reunión e expresión, incluído o dereito a buscar, recibir e difundir información e ideas. 15 mortos, oito presos de conciencia, centos de feridos e 2.000 detidos Desde que comezaron as manifestacións, producíronse polo menos 15 mortes, entre elas as dos estudantes Fatemeh Barati, Kasra Sharafi, Mobina Ehterami, Kambiz Sho'a'i Mohsen Imani, que faleceron o pasado 14 de xuño como consecuencia dun ataque policial na súa residencia universitaria de Teherán, no que ademais se produciron varios feridos e detencións. Outros, posiblemente decenas, foron detidos e moitos foron feridos. Mohammad Ali Abtahi, Mohsen Aminzadeh, Said Hajjarian, Behzad Nabavi, Abdollah Ramazanzadeh, Mostafa Tajzadeh, Mohammad Tavassoli e Ebrahim Yazdi son líderes políticos que foron detidos en Teherán os días 16 e 17 de xuño pola súa percepción sobre o resultado das eleccións ou os seus vínculos co ex presidente Mohammad Khatami. Amnistía Internacional declarounos presos de conciencia e pide a súa liberación inmediata e incondicional. A sección española de Amnistía Internacional dirixiuse ao Goberno español para mostrar a súa preocupación pola situación en Irán e pedirlle que interceda pola liberdade destas oito persoas. Fóra da capital e sen tanta atención mediática, as protestas tamén se atoparon coa brutalidade policial como resposta. Amnistía Internacional denuncia a detención de Leyla Farzadi, médica; Jalil Sharbiyanlou, cirurxián; Ghaffari Farzadi, membro do Comité Central do Movemento pola Liberdade de Irán; Rahim Yavari, activista político e outros activistas, estudantes e profesionais da saúde que foron arrestados tras unha manifestación pacífica en Tabriz, provincia de Azarbaijan o 15 de xuño. Todos atópanse en paradoiro descoñecido. A organización teme que poidan estar sufrindo torturas ou malos tratos e podería consideralos presos de conciencia se se confirma que foron arrestados unicamente por participar en manifestacións pacíficas. Para rematar, as autoridades continúan intentando limitar a información sobre os disturbios e impedir aos partidarios de Mir Hossein Mousavi organizar protestas, restrinxindo ilegalmente a liberdade de expresión, bloqueando o acceso aos servizos telefónicos, incluídos as mensaxes SMS, aos medios de comunicación estranxeiros e a varios sitos de Internet

Ningún comentario:
Publicar un comentario