11 de xuño de 2009

TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL A PROL DO PECHE DA CENTRAL NUCLEAR DE GAROÑA






(Remitido)
Diante do debate que nestes momentos se están levando a cabo en todo o Estado sobre o uso de enerxías renovables e non contaminantes, e chegado o momento de plantexar medidas alternativas.
Por elo, dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a plantexar:
a).- Nestes momentos, existen un feixe de argumentacións que xustifican o abandono do uso da enerxía nuclear, fundamentalmente os de carácter medioambiental, e o problema que arrastra sen resolverse dos residuos nucleares.
b).- Están sin definir os límites nas reservas de uranio e, cada vez e máis evidente, que a enerxía nuclear non aporta medidas que signifiquen solución real as emisions de gases de efecto invernadoiro xa que, dado o seu funcionamento dentro do sistema eléctrico global, supoñen un obstáculo real para o desenrrolo e despegue a gran escala das enerxías renovables.
c).- Támen débese ter en conta a argumentación económica debido aos enormes custos de mantenimento, así como os derivados da xestión dos residuos radiactivos e do desmantelamento das centrais, a dotación do goberno para os plans de emerxencia das centrais nucleares, etc.
A pesar de todo-los argumentos que desaconsellan seu uso, o Ministerio de Industria e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) apostan pola prórroga do funcionamento da central nuclear de Garoña, diante da solicitude feita pola compañía Nuclenor (Endesa 50% - Iberdrola 50%) por un período de 10 anos máis.
Esta central nuclear de Garoña, inaugurada por Franco en 1971, é unha central nuclear obsoleta, cuio permiso de explotación remata o 5 de xullo de 2009.
O longo da súa historia, recordando que está ubicada na cabeceira do rio Ebro, sufriu, según numerosas denuncias de diversos grupos, problemas serios de estructura e corrosión no reactor que provocaron oito accidentes no que vai de ano.
Por todo o exposto propoñemos ao pleno a adopción do seguinte ACORDO:
1º.- O Pleno do Concello de A Guarda, insta ao Ministerio de Industria e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) a non prorrogar o permiso de funcionamento da centralnuclear de Garoña, que remata finaliza o 5 de jullo de 2009, para proceder ao seu peche definitivo.
2º.- Remitir copia deste acordo o Ministerio de Industria e ao Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
A Guarda, a 11 de xuño do 2.009

Ningún comentario:

Publicar un comentario