11 de xuño de 2009

A GUARDA

A ASOCIACIÓN DE INMIGRANTES E EMIGRANTES RETORNADOS (ASIMES) APOIA A PROPOSTA DE NOMEAR FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA O PROFESOR E POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO





De esquerda a dereita, o filólogo e funcionario da Dirección Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, Xosé Gregorio Ferreiro Fente e o catedrático emérito da Universidade de Santiago e escritor, Xesús Alonso Montero; xunto o profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, no Centro Cultural e Social de A Guarda, o día 26 de marzo de 2005, co gallo da homenaxe a Lorenzo Varela.


Infogauda / A Guarda


O pasado venres día 5 deste mes, no decurso da sesión ordinaria do Pleno do Concello de A Guarda foi tratada, entre outros asuntos que figuraban na Orde do Día, unha proposta do Grupo Municipal Terra Galega- Iniciativa Veciñal, na que os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, relembraron a figura humana e literaria do profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.

propuxeron o seguinte:
a).- O Concello de A Guarda instaurará un premio de poesía que recorde a Xosé Carlos Gómez Alfaro.
b).- O Concello de A Guarda, levará a cabo unha serie de charlas e conferencias na que se invitará a aqueles autores e críticos que trataron con autor para facer conocer a todos a obra poética de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
c).- O Concello de A Guarda, levará adiante os trámites necesarios a fin de facer un reconocemento do que xa era unha realidade, declarando FILLO ADOPTIVO deste pobo a Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Logo de tratar - por deci-lo dalgún xeito - esa proposta, quedou aberta a posibilidade de que por parte de tódolos colectivos e particulares que o desexen, presenten as súas correspondentes adhesións ó efecto. Nin que decir tén, que desde Infogauda estamos seguros, que tódolos guardeses e veciños en xeral, presenten ou non, escritos de adhesión, apoian o esprito da moción presentada.
De tódolos xeitos, desde aquí deixamos constancia do esquecemento dalgúns, que por certo contrasta coa súa disponibilidade noutras ocasións precedentes, cando a proposta xurdira deles e a persoa a homenaxear era outra, cuios méritos nin por asomo, imos pór en cuestión, por varias razóns, entre elas, por respecto o homenaxeado e a súa familia, pero que eses mesmos persoeiros tiveron un discurso ben diferente.
Coidamos que logo de un ano do pasamento de Xosé Carlos Gómez Alfaro, tempo houbo - se algúns quixeran - para relembrar o home, o profesional do ensino, o veciño, e sobor de todo, o poeta, que nos legou unha herdanza poética única, na que A Guarda tén - ó igoal que O Ribeiro -, un monumento lírico impagable.
O tempo que amosamos nosa disposición a dar cabida a tódalas adhesións que desexen remesarnos, deseguido reproducimos literalmente, a nota que vimos de receber na Redacción de Infogauda, e que seu remitente presentou no Concello de A Guarda:
No nome da Asociación ASIMES (Asociación de Inmigrantes e Emigrantes Retornados), vimos a sumarnos a proposta plantexada polo Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, no derradeiro Pleno Municipal Ordinario, se dé inicio a tramitación do expediente de declaración de D. XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, como FILLO ADOPTIVO de A Guarda.

A Guarda, a 11 de xuño do 2.009


Emilio José Conde Graña


Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario