20 de maio de 2009

O ROSAL

CELEBROUSE O CORRELINGUA NA PRAZA DO CALVARIO DO ROSAL

O Grupo dos Maios, creado este ano, interpretando unha peza musical



Noa e Cecilia lendo o Manifesto do Correlingua dos Concienciados



Vista parcial en primeiro término dos nenos do CRA María Zambrano


Reportaxe: Concello do Rosal
Fotografías: Juan Ramón M. Barbosa




Pancarta en defensa do idioma galego


O xoves 14 de maio -e organizado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística- tivo lugar na Praza do Calvario o “Correlingua 2009”, no que os nenos e nenas do CRA María Zambrano e do CPI Manuel Suárez Marquier participaron como todos os anos nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do emprego do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Nesta edición un grupo de alumnos e alumnas do CPI do Rosal, axudados polos profesores, formaron o Grupo dos Maios interpretando pezas como “A muiñeira de Santo Amaro” ou “O merlo”. Os nenos e nenas do CRA María Zambrano tamén cantaron entre outras, “A Maruxiña” e “A vaca amarela”. O lema do Correlingua deste ano foi “En galego. Pásao!”.


Nenos participantes no Correlingua cun cartel en prol do noso idioma



Nenas mostrando un cartel a favor do galego


Iria e Xabier, presentadores do acto


Rapaza que mostra un cartel alusivo ao emprego do galego


Vista dende o palco dos rapaces participantes neste Correlingua do Rosal

Ningún comentario:

Publicar un comentario