A CURTAMETRAXE "DIES DEI" SERÁ PRESENTADA NA GUARDA O VINDEIRO DÍA 30 DE MAIO
Infogauda / A Guarda
A curtametraxe "DIES DEI", do director Nani Matos Barcia, que no pasado mes de novembro de 2008 foi rodada na vila de A Guarda, está nestes intres a piques de remata-la fase de postproducción, a cárrego de Mandeo Records, empresa de A Coruña que tamén se ocupou do son directo de rodaxe.
Esta producción, que constitúe a "opera prima" do cineasta de Camposancos, será presentada no Centro Cultural e Social de A Guarda, o vindeiro día 30 deste mes de maio. Posteriormente será presentada en Filminho, 2009 - Festa do Cinema Galego e Português, que terá lugar entre os días 16 e 18 de jullo de 2009, en Vila Nova de Cerveira e Tomiño.
DIES DEI
Esta é unha de amor... A historia que se conta en Días de Deus ven dunha historia real, esas historias da vida cotiá que moitas veces pasan por diante de nós case sen decatarnos. Quizais porque os que protagonizan estas historias pasan inadvertidos para unha sociedade que non se para a mirar cara atrás.Esta é unha historia dramaticamente real pero a súa vez dolorosamente fermosa, é a historia dun amor fortísimo que se ve ferido pola enfermidade, pola indiferenza, polo irremediable e imparable que lle trae o paso do tempo e o deterioro físico dos protagonistas. Foron eles quenes construíron esta historia e nós a contamos dende a honestidade e dende a comprensión da súa dor, dos seus vínculos imperecedeiros e dende a reflexión dunha situación dificilísima de atallar: a soidade e o abandono dunha xeración. Pretende ser, tamén, un elemento concienzador dun problema social tristemente coñecido.
ARGUMENTO
Avelino é un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que así se chama ela, padece unha demencia senil e unha enfermidade dexenerativa nos osos que a ten postrada nunha cama a maior parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade, ata que un día lle diagnostican a mesma enfermidade que a súa muller. A partir de ahí os sentimentos de Avelino entrecrúzanse intentando buscar un saída ante a nova situación. Así, Avelino deberá tomar unha decisión que non é doada.

EQUIPO TÉCNICO
Director: Nani Matos
Director: Nani Matos
Guión: Nani Matos
Productor/a: Nani Matos, Sara Alonso
Director de fotografía: José Luis Caamaño Castro
Directora de arte: Paula Salgueiro
Director/a - Xefe de produción: Isabel Martínez Martínez
Montaxe: Jorge Fernández
Xefe de son: Daniel Lopez Montero
Axudante de dirección: Xurxo González Rodríguez, Paula Salgueiro
Maquillaxe/perruquería: Ángeles Martínez
Axudante de produción: Andrea Fernández
Axudante de camara: Vania dos Santos, Antón Vázquez

EQUIPO ARTÍSTICO
Protagonistas: Mela Casal, Xan Cejudo Álvarez
Reparto: Luis Iglesia Besteiro, Camila Bossa Pedreira, Susana Dans

NANI MATOS
Formouse na Escola de Teatro Municipal de Gondomar e no obradoiro teatral “Eliseo Alonso” de Goián. No eido audovisual traballou como actor episódico na serie “Rías Baixas” (Zenit Televisión) durante as temporadas 2001-2004. Colaborou nas longometraxes “Heroína” e “Hotel Tivoli”. Ten participado en spots publicitarios, e distintas curtametraxes, protagonizando “Esperanza para vivir”, “Baixo a sospeita“, “A guerra dos grelos” e “Reflexos”, entre outras. Non campo técnico colaborou como axudante de son na curtametraxe “Fogar doce fogar”, Foi director de escenografía da ópera “La Càmbiale di matrimonio” (G. Rossini). Asistiu a cursos de formación actoral, guión e dirección, con profesionais como Ana Vallés, Leo Bassi, Jose Luis Raymond, Blanca del Barrio, Nacho Vigalondo, Alber Ponte, Mario Iglesias, Xosé Cermeño, etc..

Fonte consultada: Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:
Publicar un comentario