A DESEÑADORA ANA CIVIDANES ÁLVAREZ, DE A GUARDA, GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS DA XIX FESTA DA LAGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

Infogauda / A Guarda
A deseñadora guardesa Ana Cividanes Álvarez, é a autora do cartel anunciador da XIX Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, que terá lugar na vila guardesa os días 4 e 5 de xullo de 2009.
Presentado baixo o lema "A muller do pano", o cartel presentado por Ana Cividanes Álvarez, foi o elexido polo xurado formado por Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo do Concello de A Guarda; Antonio Ferreira Lorenzo, correspondente de prensa; Mónica López Torres, correspondente de prensa; Olga Pérez Pérez, deseñadora gráfica; e Alicia Mª Alonso Fernández, artista de A Guarda.
O cartel gañador estivo en liza con outros tres, que tamén estiveron entre os máis votados, e que foran presentados cos lemas: "Mixtura", "Elephas" e "Adil".
O traballo presentado por Ana Cividanes Álvarez resultou gañador "(...) con tres votos de cinco (...)", entre un total de tan soio 15 obras presentadas a concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario