16 de maio de 2009

A GUARDA

O BISPO DE DIÓCESE TUI-VIGO VISITOU A GUARDA ONDE ADMINISTROU O SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN A 79 XÓVENES
Foto: María Rodríguez Martínez
Infogauda / A Guarda
O Bispo da Diócese Tui-Vigo, Monseñor José Diéguez Reboredo, visitou este venres día 15 de maio, a parroquia de Santa María da Asunción de A Guarda, onde presidiu unha solemne Eucaristía - que foi seguida por numerosos fieis -, o termo da cal o prelado administrou o sacramento da Confirmación a 79 xóvenes do termo municipal de A Guarda.
O Bispo Diéguez Reboredo salientou o elevado número de xóvenes que se achegaron a recibir o devandito sacramento, feito que pón de manifesto - segundo afirmou - a preparación que levaron a bó termo os catequistas, así como a labor do párroco Jesús García Villadóniga, e das respectivas familias dos mozos.
Rematada a cerimonia eclesiástica, os xóvenes compartiron un refrixerio no salón parroquial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario