16 de maio de 2009

GALICIA

A FIGURA HUMANA E POÉTICA DE XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO CONSTITUIRÁ O EIXO CENTRAL DOS ACTOS DESTE DOMINGO 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, EN CENLLE (O RIBEIRO)



Infogauda / Galicia

Continuando cos actos na súa lembranza, que como xa informamos anteriormente, escomenzaron o pasado xoves, día 14 deste mes con unha Eucaristía celebrada na capela do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, que foi cantada pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, así como das actividades que na súa honra, están tendo lugar este sábado en Ribadavia; queremos salientar que mañá domingo, 17 de maio, ás 18:00 h., na igrexa de San Xoán de Sadurnín (Cenlle), terá lugar unha homenaxe especial ao poeta do Concello de Cenlle, Xosé Carlos Gómez Alfaro. Nese acto participará a Coral Viladauga, de Laias, que, entre outros temas interpretará, un poema de Xosé Carlos Gómez Alfaro. Tamén actuará unha representación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Rondalla Alfaia.
Asemade serán recitados poemas de Gómez Alfaro e será efectuada unha ofrenda froral.
Organiza: Concello de Cenlle
Colaboura: Concello de Ribadavia

Por outra banda, o vindeiro sábado 23 de maio, ás 19:00 h., na igrexa de Sadurnín, será oficiada unha misa de cabodano en memoria de Xosé Carlos Gómez Alfaro.

PUBRICACIÓN DO LIBRO "ALTA LUZ", DE XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO

Porteriormente, en data que oportunamente será dada a coñecer, que tanto pode ser en setembro deste ano, como en febreiro de 2010, coincidindo coa data de nacemento de X. C. Gómez Alfaro, será presentado o libro Alta Luz, no que ademáis da obra completa de Xosé Carlos Gómez Alfaro, se incruirá un poemario inédito do poeta. O limiar desa publicación será de Román Raña.
Asemade, previamente a devandita presentación, será colocada unha praca na casa natal de Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Os concellos de Cenlle, Ribadavia e Ourense, serán as institucións que promoven e farán posible esa lembranza do poeta nado o 10 de febreiro de 1949, nas Chabolas (Ribadavia) e finado o 14 de maio de 2008, na vila de A Guarda.

Asistirán persoeiros do mundo das Letras Galegas (Xesús Alonso Montero, Antón Tosar, Miguel Anxo Fernán Vello,....,) e o Delegado Provincial de Cultura de Ourense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario