A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA CANTOU A MISA
EN LEMBRANZA DO POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO

Infogauda / A Guarda
A lembranza a figura humán de Xosé Carlos Gómez Alfaro, congregou na tardiña deste xoves 14 de maio, na capela do colexio PP. Somascos, de A Guarda, a familiares, amigos, compañeiros e veciños, do egrexo profesor e poeta ribeirao, que asistiron a unha emotiva Eucaristía.
O acto relixioso, que contou coa participación dos/as compoñentes da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, constituiu toda unha mostra de agarimo deica Xosé Carlos Gómez Alfaro e súa entrañable familia.
No decurso da homilía, o P. Ángel Luis Airas Rodríguez, evocou a Xosé Carlos Gómez Alfaro, facendo unha escolma das moitas singraduras anotadas no caderno de bitácora do fraterno poeta.
Compre salientar, que no intre correspondente, oficiante e fieis, rezaron o Noso Pai, unha oración creada en crave poética por Xosé Carlos Gómez Alfaro, cuio texto fora oportunamente facilitado a tódalas persoas que asistiron a celebración eucarística.
NOSO PAI
Noso Pai, que estás no trono,
ven axiña que sangramos
de rodarmos coma croios
entre tétricos calvarios,
e lévanos ós teus predios
pra que repousar poidamos
cando acabe esta viaxe
tecida de tebra e pranto.
Dános hoxe o noso pan;
perdoa os nosos cantazos,
as trabadas, as aldraxes,
como tamén nós perdoamos
a quen nos ten ofendido:
e non nos deixes chantados
nestes bacelos revoltos
onde reina a lei do espanto;
líbranos do mal. Amén.
Noso Pai, que estás no trono,
ven axiña que sangramos
de rodarmos coma croios
entre tétricos calvarios,
e lévanos ós teus predios
pra que repousar poidamos
cando acabe esta viaxe
tecida de tebra e pranto.
Dános hoxe o noso pan;
perdoa os nosos cantazos,
as trabadas, as aldraxes,
como tamén nós perdoamos
a quen nos ten ofendido:
e non nos deixes chantados
nestes bacelos revoltos
onde reina a lei do espanto;
líbranos do mal. Amén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario