20 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

ESTE FIN DE SEMANA “OS SEÑORES DO VENTO” EN CANS (PORRIÑO) E HUARTE (NAVARRA)


Morraceira Asociación Cultural
Este sábado coinciden dous pases d´Os señores do vento, curtametraxe de Xurxo González, un na VI edición do Festival de Cans do Porriño e outro na Fundación Buldaín na cidade navarra de Huarte. Ao Chacurro e ao José María volverán a facer sorrir e a deixar perplexos ao público destas sesións coa súa arte de botellas movidas polo vento.
A primeira acontecerá no Jalpón Friki do Festival de Cans, onde a técnica para controlar o vento do Chacurro e o José María atopará moitos adeptos que, despois, de seguro, imitarán nas súas casas e nas leiras.
A segunda proxección terá lugar na Fundación Buldaín nunhas xornadas sobre a paisaxe e onte tamén se proxectarás os filmes gañadores do Filminho 2009 (París #1, de Oliver Laxe e O Cazador , de Ángel Santos).
Mas, as voltas d´Os Señores do vento non fican aquí. O día 29 de maio vai ter lugar na Casa das Atochas da Coruña un concerto de Tino Baz no que estreará unha peza dedicada aos insignes veciños da Guarda e no que se proxectará tamén o filme e haberá unha conversa entre director e cineasta sobre aspectos da idiosincrasia dos guardeses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario