4 de abr. de 2009

Nova curta engadida en Flocos.tv: Xinetes na tormenta

Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: Xinetes na tormenta, de Ricardo Llovo (2001). Podes botarlle unha ollada aqui.
SIPNOSE
Baseada nun relato de Manuel Rivas, esta é a historia da primeira marea no Gran Sol de Suso. O rapaz embárcase coa intención de aforrar para unha auténtica guitarra Fender, e será testemuña do drama de Andino, un mariñeiro que leva con el a foto do seu amor, unha muller pola que está disposto a cambiar e abandonar o alcohol.
Director: Ricardo Llovo
Intérpretes: César Cambeiro, Luís Iglesia Besteiro, Laura Ponte, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Antón Cancelas
Duración: 14´ 45”
Ano: 2001
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario