5 de mar. de 2009

O ROSAL: O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLEU A PROXECCIÓN DA 2ª PELÍCULA DO PROGRAMA CINENSINO

Auditorio Municipal do Rosal

Reportaxe (Imaxes e texto): Concello do Rosal


Despois do primeiro film proxectado o 26 de novembro (“Los seis signos de la luz”), o xoves 5 de marzo ás 10 da mañá tivo lugar – de novo no Auditorio Municipal do Rosal - a proxección da película “El niño de marte”, dentro do Programa Cinensino, Prevención de Drogodependencias, dirixido aos alumnos da ESO.
Este programa está organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño e conta coa colaboración do Concello do Rosal e a Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias da Consellería de Sanidade-Sergas.
Asistiron – como na primeira ocasión - os alumnos/as e mestres de 1º e 2º curso da ESO do I.E.S. A Sangriña de A Guarda e do C.P.I. Manuel Suárez Marquier. En total participaron nesta actividade un total de 210 persoas, 201 alumnos/as e 9 mestres da Comarca do Baixo Miño.






Ningún comentario:

Publicar un comentario