Muiño da Guía, en Ribadavila (A Guarda)
21 de mar. de 2009
A GUARDA: MUIÑOS DE VENTO, UN PATRIMONIO QUE PRECISA PROTECCIÓN
Infogauda / A Guarda
Namentras noutros lugares de España e mesmo de Galicia, tentan recuperar o patrimonio etnográfico, do mellor xeito posible, semella que na vila e concello de A Guarda, xa temos, nese senso, feitos os deberes. Nada máis lonxe da realidade. A proba máis evidente témola nos muiños de vento que ainda "resisten" o paso do tempo e o abandono, por non decir máis factores, ainda que motivos para iso hainos dabondo. Non sei a qué agardan os ilustres persoeiros que deberan velar pola protección do patrimonio, para tentar, en primer lugar, acadar un acordo de cesión temporal ou mesmo, a adquisición, de alomenos algún dos muiños existentes no termo municipal de A Guarda, antes de que esas construccións se veñan abaixo ou mesmo sexan obxecto de "rehabilitacións" de dudoso gusto e case sempre - polo menos as que temos visto deica agora - de irrespetuoso e presuntamente punible resultado. Non hai máis que ollar o Muiño de Baixo, onde non houbo reparo algún en porlle unha cuberta de tella, cando está documentado que as características dos teitos dos muiños desta zoa eran ben diferentes. É unha vergoña que - neste campo - deica agora nada se teña feito en serio. Con rigor.
Desde Infogauda insistimos na necesidade de mercar algún muiño - o idóneo sería merca-los todos - ou cando menos, asinar un acordo de cesión temporal cos seus lexítimos donos, e a continuación rehabilita-los axeitadamente - mesmo podería ser a traverso dun Obradoiro de Emprego -, recuperando súa volumetría e presencial na súa totalidade, dotándoos de tódolos trebellos que lle eran própios para desenvolver súa función, e finalmente, dar a coñecer os veciños e visitantes ese fermoso patrimonio, que polo de agora, semella que ninguén se decata da súa importancia, a pesares do seu valor histórico, artístico, arquitectónico, etnolóxico, científico e técnico desas construccions industriais.
O que o Concello de A Guarda debera proporse - recabando as correspondentes achegas orzamentarias e a colaboura de expertos nese tipo de etnografía - é manter coa maior fidelidade posible as arquitecturas existentes, retomando as características máis significativas, coa finalidade de dotar os muiños de un uso lúdico, cultural e recreativo.
Premer aquí para ollar en Infogauda, outras novas relacionadas.
Publicado por
Infogauda
ás
16:30
((•)) Escucha este post
Etiquetas: PATRIMONIO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario