3 de mar. de 2009

A Campaña de Fidelidade promovida por Ábaco sorprende gratamente a moitos clientes


Informa: Ábaco
A Campaña de Fidelidade posta en marcha pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco sorprende gratamente á maioría dos clientes que mercan e consumen na Guarda e no Rosal con máis de 40 establecementos que ofrecen descontos entre o 5% e o 25%, ofertas especiais 3x2, entre outras ofertas que facilitan as compras e consumicións nestes establecementos.


Moitos clientes xa teñen a súa Tarxeta de Fidelidade, que se entrega no momento da compra nos establecementos participantes ou ben nas Oficinas da Asociación Ábaco na rúa Manuel Lomba nº 7 – baixo, de A Guarda, de xeito totalmente gratuíto.

Durante todo o día varios particulares se achegaron ata a oficina de Ábaco para conseguer a súa tarxeta e así poder disfrutar destes descontos e ofertas que fan os comerciantes e hostaleiros de A Guarda e O Rosal para premiala súa fidelidade ó mercar e consumir nos seus establecementos.

Máis de 400 panfletos repartironse durante o día de hoxe cas ofertas e descontos dos establecementos adheridos á Campaña de Fidelidade para que ninguén se perda esta oportunidade, que estará vixente ata o 31 de Decembro de 2009, e para que toda a xente interesada saiba cales son as ofertas e descontos e os establecementos participantes.


Moitos empresarios afirman que esta Campaña de Fidelidade é unha boa maneira de dinamizalo sector comercial e hostaleiro nestes tempos de crise no cal nos atopamos, favorecendo ós clientes que sempre mercan e consumen nos nosos establecementos con descontos e ofertas moi interesantes para todos.

¡Pide a túa Tarxeta de Fidelidade e non te perdas esta oportunidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario