Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA CORAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA CORAL. Amosar todas as publicacións

17 de dec. de 2011

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA ADIÁNTANOS A CHEGADA DO NADAL CO TRADICIONAL CONCERTO DE PANXOLIÑAS



Infogauda / A Guarda



Este domingo día 18 de decembro, ás 17,30 h., na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, terá lugar o tradicional Concerto de Panxoliñas, que organiza á Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.
Nese evento, que será presentado polo abade Jesús García Villadóniga, participarán ás seguintes agrupacións:
- Grupo Antorcha
- Coral do Clube da Terceira Edade e Pensionistas de A Guarda- Coro Infantil do Colexio PP. Somascos
- Coro da Asociación Arpegios Cantabile
- Agrupación Coral Polifónica de A Guarda

15 de dec. de 2011

O ROSAL

A CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CLASIFICOUSE PARA Á FINAL DO 46 CONCURSO DE VILANCICOS DE NOVACAIXALICIA

Foto: Suso González Álvarez


A Coral da Agupación Musical do Rosal, clasificouse pra final do 46 Festival de Vilancicos da Novacaixagalicia.
Parabéns a sua directora e a todos compoñentes.
Ahora a gañar a semifinal o próximo sábado día 17 no Centro Cultural novacaixagalicia, de Vigo e o domingo dia 18 gañar a final na Coruña.
A xunta directiva.

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA ACHEGÁNOS O NADAL CO TRADICIONAL CONCERTO DE PANXOLIÑAS

Infogauda / A Guarda


O vindeiro domingo día 18 de decembro, ás 17,30 h., na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, terá lugar o tradicional Concerto de Panxoliñas, que organiza á Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.

Nese evento, que será presentado polo abade Jesús García Villadóniga, participarán ás seguintes agrupacións:

- Grupo Antorcha

- Coral do Clube da Terceira Edade e Pensionistas de A Guarda
- Coro Infantil do Colexio PP. Somascos

- Coro da Asociación Arpegios Cantabile

- Agrupación Coral Polifónica de A Guarda

15 de xuño de 2010

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA ORGAÍZA "OS SONS DO CAMIÑO"



Gloria Portela Loureiro / A Guarda
Programa do día 26 de xuño en Santiago de Compostela
“Os Sons do Camiño”: Peregrinación Camiño Portugués da Costa
Organiza: Agrupación Coral Polifónica da Guarda

As 17:00 Encontro das corais na Praza do Obradoiro onde se farán entrega dos báculos conmemorativos a cada coral participante:
· Orfeão de Vila Praia de Âncora
· Agrupación Coral Polifónica da Guarda
· Agrupación Coral Musical do Rosal
· Coral Polifónica Vagalume de Oia
· Agrupación Coral Atlántida de Matamá

As 17:30 Entrada á catedral pola Porta de Platerías, situándose na márxe dereita do Altar Maior.
As 18:00 Misa do Peregriño. O conxunto das cinco corais formarán un único orfeón de mais de 200 persoas e cantarán, dirixidos por Dª Marisilda Sánchez Lomba a misa que celebra ó remate da peregrinación do Camiño Portugués da Costa, co seguinte repertorio:
· Entrada: Canticorum Jubilo (F. Handel)
· Primeira Lectura: Aleluia
· Ofertorio: amenizado polo organista da Catedral de Santiago
· Comuñón: Pescador de Hombres (C. Gabaráin) e Cerca de Ti (L. Masón)
· Durante o Voo do Botafumeiro o orfeón entonará o Himno ó Apostolo (J. Barcia Caballero, M. Soler Palmer) acompañado polo órgano.
· Ó final da misa, cantarase a Salve Marinera (C. Oudrid/C. Monllor) en honra os pobos mariñeiros da costa.
As 19:00 De novo o orfeón composto polas cinco corais ofrecerá un Concerto na Praza da Quintana, dirixidas polos directores das corais invitadas, interpretando pezas populares galegas.