7 de out. de 2026

TUI

Talía Teatro presentará este venres “Un Deus salvaxe” no Teatro Municipal de Tui 

•  As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€ 


Un momento da representación de “Un Deus salvaxe” da compañía Talía Teatro
Foto: Cedida

Infogauda/Tui

 O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres, 9 de outubro, ás 21:00h a representación de “Un Deus salvaxe” da compañía Talía Teatro. Unha obra dirixida por Artur Trillo e protagonizada por Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais.  

 Con esta obra continúa a programación teatral de outono do Teatro Municipal de Tui.  

 “Un Deus salvaxe” comeza con dous nenos enfrontándose con violencia nun parque. Uns pais convidan a outros á súa casa para resolver o conflito, e o que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais tórnase máis violenta a medida que os pais van revelando as súas contradicións e prexuízos sociais.  

 Esta obra expón as sombras que estas catro persoas acumularon ao longo da súa vida en relación á educación que recibiron, á posición social que ostentan e á súa profesión.  

 As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€, até dez minutos antes do inicio do espectáculo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario