29 de xuño de 2026

A GUARDA

O VIDOC DA POLICÍA NACIONAL VOLVERÁ Á GUARDA EN XULLO 

 Para a renovación do DNI e pasaporte




Infogauda/A Guarda

 O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá no mes de xullo para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI). 

 Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir deste martes, 30 de xuño, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono 986 61 00 00 a partir das 9:00 horas. 

 O VIDOC instalarase na praza do Reló, o martes 7 e o mércores 22. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa. 

 Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso. 

 As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario