21 de abr. de 2026

OBITUARIO

IN MEMORIAM 

Enrique Antonio Gándara Gómez (Quiño)


Enrique Antonio Gándara Gómez (Quiño)

Agrupación do PSdeG/PSOE de Tomiño


Compañeiro, amigo, referente… 

 Non é doado atopar as verbas precisas cando a dor e a pena inundan o noso ánimo e nos desborda a tristura e o pesar pola túa partida. 

 Presidente de honra da Agrupación Socialista de Tomiño. Porque ti es honra, es xustiza, es traballo, es bonhomía, es lealdade. Lealdade ao teu querido PSOE, pero tamén ás persoas, aos principios e, sobre todo, a ti mesmo, defendendo os valores da xustiza social, da igualdade, da liberdade e da solidariedade que guiaron sempre a túa vida. 

 Traballador incansable polo ben común, xa dende moi neno foste quen de poñerte á fronte para arranxar camiños, de maneira persoal e altruísta, para mellorar a vida dos veciños. Foste fillo da emigración sendo mozo, pero a distancia xamais impediu que levases a Tomiño no teu pensamento e no teu corazón. 

 Por iso, á túa volta, desempeñaste o cargo de Concelleiro na Corporación Municipal e foches nomeado presidente da CMMVVMC de Tomiño, onde loitaste sen renderte nunca polo benestar e o progreso da túa vila. 

 Porque ti es dos que loitan toda a vida, es un imprescindible! 

 Debémosche moito, Quiño. Todo Tomiño ché debe moito. 

 Hoxe, contigo, marcha unha parte da nosa historia, pero prometemos seguir loitando como ti nos ensinaches, porque sabemos ben que era o teu desexo. Levarémoste sempre nos nosos corazóns con agarimo. 

 Aperta eterna, Quiño! 

 Que a terra te sexa leve.

Ningún comentario:

Publicar un comentario