20 de xan. de 2026

A GUARDA

José Ángel Gándara Rodríguez, reelixido presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG)


 José Ángel Gándara Rodríguez
Foto: SFeNG

Infogauda / A Guarda

 A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG), en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 6 de decembro, cumprindo cos seus estatutos, celebrou eleccións á presidencia, sendo reelixido José Ángel Gándara Rodríguez, por unanimidade, para o período 2026-2030, segundo vén de facer público a SFeNG, en data 15 de xaneiro de 2026, na súa páxina web. 

 A continuación, constituíuse a xunta directiva queda complementada con:   

 Marcelino Portela Lorenzo (vicepresidente); Almudena Taboada Lago (secretaria); Marco Antonio Alfonso Vázquez (tesoureiro); e Ramón González  González (vogal).

Ningún comentario:

Publicar un comentario