Papá Noel fará unha parada na Guarda
• Virá co Grinch e os elfos, o luns, 22 de decembro, pola tarde, na praza de Avelino Vicente
Infogauda / A Guarda
A Guarda recibirá o próximo luns, 22 de decembro, unha visita moi especial: Papá Noel. O invitado estrela estará na praza de Avelino Vicente, das 17:00 ás 19:00 horas.
Ademais, non virá só, estará acompañado dos elfos e incluso, do Grinch. Así, todos os nenos e nenas de A Guarda poderán estar con eles antes das datas tan especiais como o Nadal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario