Sesión terapéutica de son con cuncos tibetanos
• O 21 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas, no Centro Cultural de Pedornes
Infogauda / Oia
O Concello de Oia en colaboración coa Asociación Fibromiño poñen en marcha unha sesión terapéutica de son con cuncos tibetanos. A actividade será impartida por Tai Loi Yoga, o próximo 21 de novembro, en horario de 17.30 a 19.30 horas, no Centro Cultural de Pedornes.
Para participar cómpre apuntarse previamente e acudir á sesión provistos de esterilla e unha mantiña. O prazo de inscrición xa está aberto nos números de teléfono 986 36 21 25 e 639 32 94 93 (teléfono e WhatsApp).
As terapias con cuncos tibetanos teñen recoñecidos efectos positivos no benestar físico e emocional. Entre os principais beneficios desta práctica destaca a súa capacidade de favorecer estados de relaxación profunda, a redución do estrés, o alivio de tensións musculares e dores crónicas, a estimulación do sistema inmunolóxico, a concentración, a claridade mental e o benestar emocional.
O Concello convida á veciñanza a participar nesta experiencia transformadora que busca fomentar a saúde e o benestar da comunidade a través de prácticas innovadoras e accesibles.

Ningún comentario:
Publicar un comentario