7 de nov. de 2025

OIA

O PSdeG-PSOE de Oia presenta as súas emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026  




Infogauda / Oia

 A Agrupación Socialista de Oia vén de facer público a presentación dun conxunto de emendas ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2026. As propostas formuladas polo PSdeG-PSOE céntranse en reforzar os servizos públicos esenciais, impulsar as infraestruturas locais e garantir un reparto máis xusto dos investimentos no conxunto do territorio. 

 Segundo explicaron os representantes socialistas, “o obxectivo é facer uns orzamentos máis equilibrados e próximos á cidadanía”, ao tempo que lamentaron que o documento presentado polo Goberno galego “non reflicte as verdadeiras necesidades do concello nin dá resposta aos retos de futuro que afronta Oia”. 

 Entre as actuacións máis relevantes incluídas nas emendas destacan: 

Actuación proposta / Investimento solicitado 

Creación dun centro de día: 500.000 € 

Saneamento de Burgueira e Loureza: 500.000 € 

Creación dunha EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais): 1.500.000 € 

Construcción dun polideportivo municipal: 500.000 € 

Saneamento de vertidos na costa: 300.000 € 

Estudo para a reconstrución da Camboa: 50.000 € 

 Dende o grupo socialista destacan que estas actuacións “responden a demandas históricas da veciñanza” e permitirían mellorar servizos básicos, crear novas dotacións públicas e avanzar cara a un modelo de concello máis sostible, con maior calidade de vida e oportunidades. 

 O PSdeG-PSOE de Oia insta á Xunta de Galicia a atender estas propostas e incorporalas ao documento final dos orzamentos, “porque Oia tamén merece avanzar e contar cunhas contas públicas que pensen no benestar das persoas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario