A Guarda precisa figurantes para o posible vídeo da campaña de Ferrero Rocher
• Os perfís que se buscan oscilan entre os 16-70 anos
Infogauda / A Guarda
Sendo ás 15:07 horas deste sábado, día 8 de novembro de 2025, recibimos na redacción deste xornal dixital transfronteirizo unha nota de prensa do Concello de A Guarda, que vén dicindo o seguinte:
A campaña de “Juntos brillamos más” de Ferrero Rocher avanza e os próximos pasos dependen do voto do público. Se A Guarda se coloca nos primeiros postos da votación durante os próximos días, a próxima semana visitaranos a produtora de Ferrero Rocher para gravar un vídeo promocional.
Ante os prazos tan axustados, o Concello de A Guarda busca os figurantes para aparecer en diversas secuencias do vídeo. Esta gravación, de realizarse, producirase entre o mércores 12 e o domingo 16, aínda que o día preciso saberase un par de días antes da gravación.
Que se busca para este vídeo?
Grupo 1: trátase de figurantes con secuencias e pequena intervención, diálogo ou frase para que o precisan 6-8 persoas de 25 a 50 anos.
Grupo 2: trátase de figurantes de fondo e de aparicións moi curtas para o que precisan 10-15 persoas de 16 a 70 anos.
Como se pode participar?
Grupo 1: As persoas interesadas teñen que enviar un correo electrónico a prensa@aguarda,es co asunto GRUPO 1 FERRERO incluíndo nome e apelidos, teléfono e foto actual e un curto vídeo de presentación (máximo 30 segundos).
Grupo 2: Hai que enviar un correo electrónico a prensa@aguarda.es co asunto GRUPO 2 FERRERO incluíndo nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.
O prazo para enviar o correo é ata este domingo 9 (incluído). Agárdase a participación da cidadanía guardesa. E lembrade difundir para que A Guarda chegue aos primeiros postos!
Ademais, o Concello de A Guarda convoca para a próxima semana ás entidades e empresas para colaborar neste campaña. O luns 10 de decembro, convócase ás 18:00h a bares e restaurantes e ás 19:00h a asociacións culturais, deportivas e deportistas; e o mércores 12 ás 9:30h o comercio. As reunións serán na Casa dos Alonso e están abertas a todo aquela persoa ou entidade que queira participar.


Ningún comentario:
Publicar un comentario