“A meiga da fonte”, unha obra musical para público infantil que alerta do mal uso das tecnoloxías
• Este sábado, 15 de novembro, ás 18:00h, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
“A meiga da fonte”, unha obra de teatro musical para público infantil, é a proposta que o Concello de A Guarda ofrece para este sábado, 15 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural.
A meiga Silva vive nunha fonte que concede desexos á xente de bo corazón. Cada ano, a fada Pupeiriña axúdaa a facer un meigallo para manter os seus poderes. Pero últimamente, anda moi distraída co TikTok e o Instagram, xa que pretende ser a primeira fada con influencia. Grazas ás súas publicacións, o malvado Lambirón localiza a fonte e envelena as súas augas. Pupeiriña precisará da axuda de Diantre e dos nenos e nenas do público para axudar a Silva e recuperar o poder das augas.
Nesta obra, orixinal da Escola Galega de Teatro Musical, conxúganse tradición e actualidade. Mediante figuras do imaxinario popular galego, alértase das consecuencias do mal uso da tecnoloxía e das redes sociais. Ao mesmo tempo, ponse en valor o patrimonio natural galego e o seu mantemento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario