A Asociación Cultural Alfombras da Guarda organiza unha xornada de obradoiros para os máis pequenos
• O sábado 8 de novembro, en horario de maña de de tarde, e unha exposición durante gran parte do mes
Infogauda/ A Guarda
Con motivo do Día da Infancia o día 20 de novembro, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, organiza durante este mes dúas iniciativas diferentes.
Este venres, día 7 de novembro, ás 17:00h na praza do Reló, inaugurarase a exposición “Sementes de cores”, recoñecendo e facendo visible o traballo da rapazada na elaboración das alfombras florais que contribúe a fomentar o relevo xeracional. A exposición estará patente ata o día 27 de novembro.
O sábado día 8 deste mes, en horario de 11:00 a 13:00 e de 15:30 a 17:30h, na praza do Reló, haberá diferentes actividades infantís. Os obradoiros son: a gynkana “Flores que deixan pegada”; a flor dos desexos; crea a túa alfombra; e un obradoiro de chapas.
En caso de chuvia, as actividades trasladaranse á aula multiusos da Casa dos Alonso.
Con estas actividades a Asociación Cultural Alfombras da Guarda quere recoñecer a colaboración incondicional dos nenos e nenas da Guarda durante xeracións, na elaboración das alfombras florais.


Ningún comentario:
Publicar un comentario