3 de nov. de 2025

A GUARDA

A Guarda compite na campaña “Juntos brillamos más” de Ferrero Rocher pola famosa iluminación de Nadal   

As votacións da primeira fase estarán abertas do 3 ao 23 de novembro 

 


Infogauda / A Guarda 

 A Guarda é un dos dezasete municipios con encanto - un por cada comunidade autónoma -, que compiten este ano na campaña “Juntos Brillamos Más” de Ferrero Rocher.

 Nesta campaña diferentes concellos compiten pola oportunidade de seren iluminados en tons dourados, coa icónica decoración e prendido de luces de Nadal da marca. 

 Esta mañá, no evento inaugural, o presentador de televisión Jesús Vázquez anunciaba aos participantes, sendo A Guarda, a representación de Galicia.  

 Agora ábrese o primeiro período de votacións ata o próximo día 23 de novembro na seguinte ligazón: 

https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/navidaddeoro/votar/   

 O Concello de A Guarda anima a que á veciñanza axude a que a nosa localidade pase de rolda, votando e compartindo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario