18 de set. de 2025

TOMIÑO

Tomiño acollerá un curso intensivo sobre redes sociais para empresas organizado por ADETO  

   O próximo 30 de setembro, ás 20:30 h na sede de ADETO (Rúa Gondomar, 40, galerías comerciais, local B)   

   Trátase dun curso práctico deseñado para empresarios e comerciantes que buscan aumentar a súa visibilidade e captar clientes na contorna dixital




Gonzalo Lomba / Tomiño  

 A Asociación de Empresarios ADETO de Tomiño pon en marcha unha nova oportunidade formativa clave para o tecido empresarial da comarca. Trátase do curso Redes Sociais para Empresas, que terá lugar o martes 30 de setembro ás 20:30 h na sede de ADETO (Rúa Gondomar, 40, galerías comerciais, local B).  

 Este curso, impartido por Jorge Alonso Daldea, experto en marketing dixital da axencia Tu Consultor de Internet, está pensado para que os empresarios e comerciantes aprendan a aproveitar de forma estratéxica plataformas como Facebook, Instagram, LinkedIn, Twitter ou Pinterest, con fin de captar clientes, fidelizalos, lanzar promocións e aumentar as súas vendas.  

 O formato será intensivo e práctico, cunha duración aproximada de hora e media, e está aberto tanto a socios de ADETO como a empresas non asociadas, que poderán inscribirse contactando directamente coa asociación.  

 Desde ADETO destacan que as prazas son limitadas, polo que aconsellan formalizar a inscrición canto antes chamando ao teléfono 698 193 729.  

 Con esta formación, cofinanciada pola Xunta de Galicia e co apoio do concello de Tomiño, ADETO reforza o seu compromiso de apoiar ao empresariado local con ferramentas dixitais eficaces para crecer nun mercado cada vez máis competitivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario