1 de set. de 2025

A GUARDA

Nova data para o concerto de The Rapants  

•  O próximo xoves, 4 de setembro, ás 22:30 horas, no antigo estadio do Trega

 


Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda xa deu a coñecer a nova data para o agardado concerto de The Rapants.  A súa actuación será este xoves, 4 de agosto ás 22:30 horas, no antigo estadio do Trega. Para ir quentando motores, ás 21:30 horas será a sesión do  disc-jóckey Cristian Pereyra.

 The Rapants é unha banda galega que destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con temas animados, cheos de enerxía e de bo rollo. Algúns dos seus traballos máis coñecidos son “O Avión”, “La Favorita” ou “Meu Cariño”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario