Xunta de Galicia e Asociación Amigos de la Ópera asinan un convenio que permitirá representar en Vigo a célebre ‘Werther’
• López Campos destaca que se trata dunha das actuacións principais do Festival Outono Lírico, incluído na campaña ‘Para gustos, cultura’ do Goberno galego
• O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o compromiso do Goberno galego para que a cidade olívica conte cunha programación “excelsa e variada”
Infogauda / Vigo
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, Daniel Diz, asinaron un convenio para desenvolver o Festival Outono Lírico que, entre outros concertos deste xénero, permitirá gozar na cidade olívica, o 8 de novembro, da célebre Werther de Jules Massenet.
Deste xeito, a Xunta achega 30.000 euros a esta convenio que, segundo salientou López Campos, supón “unha nova mostra do incuestionable compromiso cunha programación cultural excelsa e variada en Vigo”. Nesta estratexia, apuntou que o Festival Outono Lírico tamén forma parte da campaña da Administración autonómica Para gustos, cultura, “que está a ofrecer máis de 3.400 actividades de 40 tipoloxías diferentes por 200 concellos galegos”.
O titular de Cultura do Executivo galego puxo en valor a actividade que desenvolve a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para que en Galicia se desfrute dunha programación operística “de primeiro nivel” e quen ten convertido o Festival Outono Lírico “nun referente do xénero dentro e fóra da Comunidade”.
Programación Festival Outono Lírico
No caso do Festival Outono Lírico, a contribución da Xunta permitirá unha programación para os meses de setembro, outubro e novembro, que inclúen títulos destacados da lírica internacional, zarzuela e actividades paralelas pensadas para todos os públicos. En concreto, o calendario arrancará coas representacións das obras A Voz Humana e A Dama de Montecarlo, seguido de Unha noite de zarzuela, coa soprano Ainhoa Arteta.
No entanto, o representación máis salientable desta edición será a representación de Werther, de Jules Massenet, cun elenco conformado por un tenor, unha mezzosoprano, un barítono, un baixo e unha soprano acompañados da Orquestra Sinfónica de Vigo 430 e o coro do Instituto A Xunqueira de Pontevedra.
Ademais, a programación inclúe o tradicional concerto de Novas voces da Lírica Galega e os habituais ciclos Ópera no Cinema dedicado este ano aos compositores Georges Bizet e Maurice Ravel, así como as iniciativas Cinema de Outono e Falamos de, unha serie de charlas e encontros con artistas expertos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario