23 de dec. de 2025

A GUARDA

LUIS ALBERTO FRANCO LOMBA: ARTISTA SOLIDARIO

 A Casa dos Alonso acolle unha exposición de debuxos a plumilla e pincel da súa autoría


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, con Mila Martínez e Eva Pacheco, presidenta e vogal, respectivamente, da asociación Bicos de Papel; e Luis Alberto Franco, no acto de inauguración da exposición na Casa dos Alonso

Foto: C.A.G,


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Coa asistencia  do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; de Mila Martínez e Eva Pacheco Rodríguez, representantes da asociación Bicos de Papel; e de Luis Alberto Franco Franco; vén de ser inaugurada a exposición de debuxo a plumilla e pincel, da autoría de Berto Franco.

 Abriu o turno de intervencións Celso Rodríguez Fariñas salientando que esta exposición de debuxos de Berto Franco ten carácter solidario en favor da asociación Bicos de Papel.

 A continuación, Mila Martínez, presidenta de Bicos de Papel fixo un resumo do labor da asociación, como por exemplo: 

Servizos de Apoio Directo Terapia Ocupacional: 

 Servizo implementado no verán de 2025 para minimizar o impacto psicosocial e funcional do cancro infantil, axudando aos menores para recuperar as súas rutinas diarias. 

Apoio Psicolóxico e Axudas Económicas: 

 Ofrecen acompañamento emocional e soporte financieiro para as familias que enfrontan o proceso oncolóxico. 

Aloxamento (Casa de Acollida): 

 Dispoñen dunha casa para familias desprazadas que necesitan hospedarse en Vigo mentres os seus fillos reciben tratamento no Hospital Álvaro Cunqueiro. 

Apoio Escolar: 

 Voluntarios da asociación brindan reforzo académico aos nenos hospitalizados para que non perdan o ritmo dos seus estudos.  

Mellora da Contorna Hospitalaria Humanización: 

 Traballo continuo co Hospital Álvaro Cunqueiro para adecuar salas de xogos e crear parques infantís que fagan a estancia máis acolledora. 

 Finalmente deulles "as grazas á organización, ao artista e ao Concello de A Guarda por facer posible esta exposición e ternos en conta para seguir axudándonos a mellorar a calidade de vida da infancia oncolóxica".

 A continuación, o alcalde de A Guarda deu á benvida a todas ás persoas que asistiron ao acto e puxo en valor o xesto altruista de Luis Alberto Franco, ao que - antes de declarar inaugurada á exposición - convidou a decir unhas palabras. 

 Berto Franco, accedeu á invitación do alcalde, agradecendo á presenza do respectable público.

  Logo de ser inaugurada a exposición, o artista acompañou ao alcalde e as representantes de Bicos de Papel no seu percorrido pola sala onde se expoñen debuxos a plumilla e pincel, nos que se reflicten unha escolma de obras que amosan fermosas fachadas de casas indianas, catedrais, igrexas, mosteiros, paisaxes fluviais, portos pesqueiros, rúas,..

 Ademais de lugares de A Guarda, O Rosal, Oia, Tui,..., Berto Franco non se pon límites nin xeográficos nin de outro tipo, para realizar uns debuxos dunha alta calidade artística e técnica. O resultado está á vista de quen o desexe. 

 As obras están todas á venda e o que se recade irá íntegramente para a asociación Bicos de Papel.

Exposición de debuxos a plumilla e pincel

Casa dos Alonso

Ata o día 15 de xaneiro de 2026

Ningún comentario:

Publicar un comentario