DESPEDIDA DO COMANDANTE PEDRO CARDONA
Infogauda / Pontevedra
O subdelegado do Goberno, Abel Losada, recibiu esta mañá a Pedro Cardona, comandante director da Escola Naval de Marín, quen acudiu á Subdelegación para despedirse oficialmente. Losada felicitouno polo traballo desempeñado durante estes últimos catro anos e pola excelente relación que sempre mantivo coa sociedade e coas institucións e, moi especialmente, coa Subdelegación.
Recordaron que durante o seu mandato tivo lugar a acollida e formación da princesa de Asturias, que pasou pola Escola Naval durante o ano pasado, e tamén fitos como a primeira visita do submarino S-81 Isaac Peral o pasado mes de marzo. O subdelegado tamén agradece a colaboración e a posta a disposición da Subdelegación de tódolos recursos da Escola Naval durante o apagón do pasado 28 de abril.
O próximo día 22 celebrarase na Escola Naval unha breve ceremonia de traspaso do mando ao novo director, Tomás Clavijo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario